Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: Esperante (Santalla)
Lugar: A Airexe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Igrexa construída sobre unha primitiva edificación de época románica (da que só quedan algúns restos), feita a base de perpiaño de cantería, con planta rectangular dunha soa nave e cuberta a dúas augas con lousa. Os seus muros están revocados, agás os esquinais, os reforzos dos vans e os catro contrafortes laterais do presbiterio. A sancristía podémola ver pegada no muro norte. A igrexa aparece rodeada dun pequeno cemiterio.

Fachada principal composta por unha porta de acceso alintelada, unha pequena ventá rectangular, e espadana dun só oco con remates en pináculos de bóla.
Nun dos muros laterais destaca un arco de medio punto con perpiaños de granito.

No interior destacan varios elementos, como o arco triunfal de dobre aresta de sección rectangular sobre capiteis con motivos vexetais e volutas; a bóveda de canón no presbiterio, con cornixa corrida en laterais e columnas exentas monolíticas, de bases áticas.
Tamén podemos ver un retablo neoclásico no que sobresae unha imaxe do século XVIII que representa a Santa Eulalia, sobre unha mesa de altar pétrea.

O lugar de Santalla de Esperante é citado en varios documentos: un diploma da raíña dona Urraca, e o testamento que dona Jimena fai ao mosteiro de San Salvador e San Juan de Quarto con data de 17 de xuño de 964.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000019202
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LUGO/documents/27519ca032.PDF (Pax. 1-4)
http://www.turismo.gal/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=21808&ctre=31
http://redemuseisticalugo.org/revistas/artigos/12_Varela_[Iglesias_rom%C3%A1nicas].pdf (Pax. 13-15)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9628020415
Lonxitude: -7.58893489838
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84