Outra fotografía:

Tipo de ben: Faro,
Concello: Bueu / Morrazo (comarca)
Parroquia: A Illa de Ons (San Xoaquín)
Lugar: Monte Cucarno
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O faro está situado no Monte Cucarno, no punto máis alto da illa e a unha altitude de 128 m. O edificio ten planta en forma de U e está feito a base de sillería granítica. Os muros van revocados e pintados de branco, agás nas esquinas que amosan a cantería de pedra. Os tellados son a catro augas e con cubertas de tella. Ábrense amplos vans de maneira simétrica ao longo dos paramentos. No medio dos dous corpos da construción levántase a torre octogonal pintada de branco e coas arestas vivas amosando a sillería.
No 1865 acéndese o antigo faro con lámpada de aceite de émbolo e cun alcance de 17 millas . No ano 1902 levántase o edificio do faro actual coa torre de 12 metros de altura para albergar unha lanterna de 3.70 m. de diámetro, alimentada con sistema de petróleo a presión cun alcance de 24 millas. No ano 1990 a alimentación reconverteuse en enerxía fotovoltaica. A cadencia de escintileo e de 4 cada 24 segundos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
Pxom de Bueu. Apartado Arquitectura Civil.
http://www.concellodebueu.org/paxina.php?filMenu=MENU12_3&filId=17&idioma=ga
http://www.apmarin.com/ga_faro_ons.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3823868123
Lonxitude: -8.93630504608
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84