
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña (comarca) / Abegondo
Parroquia: Abegondo (Santaia)
Lugar: O Adro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo”, enmarcado polas imaxes de San Pedro, San Francisco, Madalena e San Xoán, asentadas sobre pilastras con inscricións e baixorrelevos da Vida e Paixón de Cristo. Ten plataforma cuadrangular de dous chanzos con voo e un pedestal moi moldurado e unha gran escocia. Na escocia ten unha inscrición que di: “Esta obra la mando hacer a su costa D. Francº Antº Lopez de Baliño de la inquisiz. cura de esta parroquia y Arcipreste del partido año de 1787”. Ten unha mesa que vai acaroada e un peto de esmolas pegado á mesa. O varal é cuadrangular con chafráns cun pedestal cuadrangular e liso. O capitel é cuadrangular cos remates en chafrán, moi moldurado e con cabezas de anxo con ás. A súa cruz é octogonal con remates con adornos de forxa. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, as mans pechadas e a perna dereita sobre a esquerda. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Dorosa cun nimbo de ferro, cos dedos das mans entrelazados sobre o peito e cunha espada cravada por riba dos brazos. Está situada sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Dicir que este cruceiro foi trasladado no ano 1913, e que estaba situado no vello Camiño Real que leva a Santiago de Compostela, nunha das paradas dos peregrinos.
Salientar tamén que é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000039055
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume I, Deputación Provincial da Coruña, 1999.
ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca004.PDF (páx. 22)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2190515946Lonxitude: -8.29842723911
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Dec 19, 2022
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/1500101.html
e as seguintes referencias bibliográficas:
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
BURGOA FERNÁNDEZ, Juan José. (2009) Os cruceiros nos camiños galegos de peregrinación. Iº Congreso galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
BURGOA FERNÁNDEZ, Juan José. (1997). Los cruceros de la comarca de Betanzos (III y final). Anuario Brigantino, (20).
BURGOA FERNÁNDEZ, Juan José. (1997). De Ferrol a Compostela. Los cruceros del Camino Inglés. Aulas no camiño.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. IR INDO Edicións.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html