Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Doniños (San Román)
Lugar: Campaíñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Mámoa Monte Castelo, está situada ao carón do camiño que leva polos montes de Mougá cara a Campaiñas. É a mámoa, das situadas no campo de mámoas de Mougá-Campaiñas, máis afastadas do camiño prehistórico cara Doniños, dende alí vese a ría de Ferrol.
A mámoa mide uns 17 metros de diámetro e 0,8 metros de alto. En 2015 o monte no que está situada foi limpado con tractor de desbrozadora de cadeas. Denunciados os feitos ao concello de Ferrol e publicada na prensa a agresión os servizos de arqueoloxía do concello de Ferrol, advertiron ao propietario do terreo que non podía plantar eucaliptos na parcela. Posteriormente foron plantados os eucaliptos ao carón dela, unha das liñas de eucaliptos sobre ela.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Túmulos prehistóricos no Concello de Ferrol, polo GRUPO DE ARQUEOLOXÍA DA TERRA DE TRASANCOS. Anuario Brigantino, 1997.
Acceso web en Anuario Brigantino
http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab1997PDF/1997%20011_022.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

A zona tense empregado como vertedeiro incontrolado de lixo.
As explotacións forestais están a danar a mámoa.


Onde está localizado

Latitude: 43.5016080766
Lonxitude: -8.29008612067
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84