Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: San Xoán do Alto (San Xoán)
Lugar: Seoane
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Época Altomedieval,
Descrición:

Edificación moi reformada da orixinal feita en pedra granítica labrada e escuadrada na fachada principal e de cachotería no resto dos muros. Posúe planta irregular dunha soa nave. Cuberta de lousa a dúas augas.

Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso lintelada. Sobre ela destaca un oco cadrado decorado cunha celosía cuadrangular en pedra de aspecto prerrománico. O conxunto remata nunha espadana de dous vans con arcos de medio punto e remates en pináculos.
Nesta fachada principal destaca un pórtico exento con oito columnas, planta rectangular e cuberta de lousa a catro augas. No seu interior podemos ver un asento corrido.

No interior da igrexa podemos destacar varios elementos: un arco triunfal de medio punto; unha capela maior con bóveda de canón; un retablo maior do século XVIII con columnas salomónicas; un retablo lateral esquerdo do século XVIII.

Tamén existían unhas pinturas murais que se perderon nunhas obras realizadas no ano 1993, aínda que non está claro se eran orixinais (datadas nos séculos X ou XI) ou se eran posteriores.

Esta igrexa foi construída sobre outra máis antiga de época medieval. Xa é citada no testamento do bispo Odoario (“Sancti Iohannis de Mera”) do ano 747.
Alfonso III O Magno fai doazón esta antiga edificación á Igrexa no ano 897.

O sacerdote e investigador Nicandro Ares sitúa neste lugar o mosteiro dúplice de san Xoán de Mera, documentado dende o ano 964.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000019342
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LUGO/documents/27519ca012.PDF (Páxinas 2 a 4)

http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=26892&ctre=31&langId=gl_ES

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2014/08/16/san-xoan-do-alto-presume-altar/0003_201408L16C5991.htm

http://elprogreso.galiciae.com/noticia/301304/una-obra-en-el-templo-de-san-xoan-do-alto-tapo-antiguas-pinturas-murales

http://www.lainformacion.com/espana/el-obispado-de-lugo-en-contra-del-nuevo-ecce-homo-del-retablo-de-san-xoan-do-alto_HDMTx1vVbEbIUanuGtwTY3/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9798949402
Lonxitude: -7.62163370848
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84