Outra fotografía:
Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Cee
Parroquia: Cee (Santa María)
Lugar: Cee
Outra denominación do ben: Fundación Fernando Blanco
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Edificio de carácter público construído no último terzo do século XIX e promovido polo filántropo D. Fernando Blanco de Lema (1796-1875). De mozo emigrara a La Habana, dedicándose á industria e ás finanzas, que lle reportaron unha inmensa riqueza. O edificio rematouse en 1886, segundo o proxecto do arquitecto madrileño Aguilar. A construción segue a tipoloxía característica dos edificios públicos desta época, é dicir, planta cadrada cun patio interior que fai de distribuidor das distintas dependencias. O eixo de simetría central queda marcado pola torre do reloxo, de planta cadrada e cuberta a catro augas na que se atopa a entrada principal. Dende ela arrancan dúas alas, de baixo e planta, con cuberta a dúas augas e que se rematan nas coxías con cadanseus corpos de maior altura, coa liña de cornixa en forma de dentes de serra. A composición repítese na parte superior, configurándose deste xeito o patio central.
A disposición dos ocos nas fachadas segue criterios clásicos de composición, variando a tipoloxía das fiestras en función do espazo que alberga. O material empregado é a cantería de granito, transportada en galeóns ata o pobo, e a tella do país.
O conxunto complétase con amplos xardíns con diversidade de especies arbóreas, a casa do garda e outras instalacións de carácter deportivo, todo á beira da estrada que conduce dende Cee a Muros.
Este edificio, dende a súa construción, funcionou sempre como un centro de ensinanza primaria e secundaria e aínda hoxe segue a ser así.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitectura da provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía», Deputación Provincial da Coruña, Vol.IV, 1997.
TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», libro inédito pero inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no 2007,2008 e 2009.
PÁXINAS WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CEE/documents/0118CA004.pdf (p. 7)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.955032667159614Lonxitude: -9.186893105506897
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 6, 2024
Nova do 2 de marzo de 2024 sobre o reloxo de agullas deste inmoble:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cee/2024/03/02/span-langgl-monumental-reloxo-cee-marcou-as-horas-durante-138-anosspan/0003_202403C2C6991.htm