Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: Santalla de Bóveda de Mera (Santalla)
Lugar: Bóveda de Mera
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación do século XVIII feita en perpiaño granítico, de planta rectagular dunha soa nave e cuberta de lousa a dúas augas, agás na Sancristía que é a tres augas. Todos os muros parecen rebocados en branco agás na fachada principal. Existen dous pináculos de copa nos extremos.
Nesta fachada principal podemos ver a porta de acceso lintelada e, sobre ela, unha fiestra rectangular con derrame interno. O conxunto remata nunha espadana de dous corpos, o inferior dun só van con arco de medio punto e campá, e o superior con arco de medio punto. Unha cruz de ferro coroa a espadana.
No interior destaca o seu retablo maior de estilo neoclásico, e un retablo lateral barroco do século XVIII.
No seu muro norte podemos ver o conxunto de Santa Baia de Bóveda. (http://patrimoniogalego.net/index.php/7630/2011/10/santa-eulalia-de-boveda/)


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000018463
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LUGO/documents/27519ca019.PDF (Páxinas 11 a 13)

http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=26893&ctre=31&langId=gl_ES


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9801162856
Lonxitude: -7.68607378006
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84