Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Abegondo
Parroquia: Montouto (Santa Cristina)
Lugar: Montouto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de estilo barroco do século XVII, de planta rectangular e unha soa nave cunha ábsida cuadrangular e sancristía, tamén cuadranguar, construída con cantería de granito, á que se accede a través do presbiterio. Os muros son de carga, sen contrafortes, e sobre eles aséntase unha cuberta a dúas augas, con estructura de pares e correas de madeira, e cubrición a base de tella curva do país.
No interior, a decoración é moi sobria e sinxela, destacando o retablo do altar maior, respondendo ás formas eclécticas de principios de século, mostrando un recordo ó neoclásico.
O exterior esta revestido e pintado de branco, con cantería á vista definindo os esquinais e recercado de ocos. Na súa fachada resaltan os elementos de carácter xeométrico, que conforman a súa característica principal. Seguendo un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízse de abaixo arriba, mediante unha porta de entrada rectangular que sobresae lixeiramente do pano da fachada. Sobre o ingreso, unha xanela rectangular que dá paso á base da espadana que rompe o vértice do pentágono. Remata o conxunto unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serven para aloxa-las campás. O segundo corpo, un frontón triangular lixeiramente curvado cun oco central. Este frontón está flanqueado por dous pináculos piramidais con bóla e rematado por outro pináculo moldurado con bóla e unha sinxeliña cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Volume VII. Deputación Provincial da Coruna, 1997.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca006.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2042150832Lonxitude: -8.32707591344
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84