Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Frades
Parroquia: Céltigos (San Xulián)
Lugar: Céltigos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Aquí apareceu, facendo de perpiaño no arco de entrada ao presbiterio, unha pedra cunha inscrición do século X en que se alude á fundación dunha basílica e da casa de San Xulián. Está datada no ano 969 e quizais se refira a un primitivo templo. A igrexa atópase illada do núcleo. É de planta rectangular cun pequeno espazo engadido nun extremo da cabeceira. No alzado diferéncianse dous volumes, un máis elevado correpondente ao presbiterio, con cuberta a catro augas no testeiro e a nave con cuberta a dobre vertente. Está construída en cachotería e cantería en esquinas e arredor dos vans. Espadana de dous vans rematada por pináculos e outro corpo máis estreito cun pequeno van.
No sitio hai un cruceiro cunha inscrición que di que está adicado polo Concello á parroquia de Céltigos; figura a data de 1999.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0318760576Lonxitude: -8.21708679199
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84