
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Entrimo
Parroquia: Entrimo (Santa María a Real)
Lugar: Entrimo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Esta igrexa, dedicada a Santa María no Misterio da Asunción, é unha das poucas nas que se pode observar o estilo barroco churrigueresco en Galicia. Malia que non se sabe con certeza a súa datación, estímase que foi rematada cara ao ano 1739 sendo abade Agustín Leboso.
O templo posúe planta de cruz latina con tres naves separadas por oito pilastras, situándose o coro enriba das primeiras. Os tramos das naves cóbrense con bóvedas de crucería.
A parte máis interesante do templo é a fachada principal. Labrada en granito a modo de retablo, está organizada en catro corpos, enmarcados os dous primeiros por pilastras. No primeiro ábrese a porta de acceso, con forma de arco de medio punto flanqueada por tres pares de columnas salomónicas. O segundo corpo está presidido pola imaxe da Asunción, mentres que no terceiro represéntase á Santísima Trinidade. Finalmente, o último corpo actúa a modo de friso rematado nun frontón partido. O centro deste está ocupado polo escudo de España coa aguia bicéfala. En canto ás fachadas laterais, a sur repite o esquema de retablo da principal, organizada en dous corpos cun frontón, mentres que a norte resólvese con maior sobriedade.
Acaroada á fachada principal sitúase unha torre datada en 1727 de 25 metros de altura. Consta dunha balconada de pedra e pináculos, estando coroada por unha cúpula esférica.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
No interior do templo hai seis retablos e un altar de Cristo Crucificado coa Virxe das Dores.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Ficha do PXOM:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ENTRIMO/documents/0442CA002.pdf (p. 5)
Incoación do expediente de BIC no BOE:
http://www.boe.es/boe/dias/1982/05/27/pdfs/A14059-14059.pdf
Ficha na base de datos do Ministerio:
http://www.mcu.es/bienes/buscarDetalleBienesInmuebles.do?brscgi_DOCN=000014590&brscgi_BCSID=d20eae0c&language=es&prev_layout=bienesInmueblesResultado&layout=bienesInmueblesDetalle
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.934198326740336Lonxitude: -8.120543360710144
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
Oscar Franco says:
Mai 15, 2014
Aporto algunha información máis a esta ficha do compañeiro XANDLINATHRY:
A igrexa comeza a construirse en 1708 sobre unha posible anterior igrexa románica adicada a San Salvador, citada nunha concordia de 1149. Para aquela igrexa anterior constrúese un retablo do escultor portugués Alonso Martínez en 1611 que non se conserva, pero algunha escultura actual pode proceder del.
O autor do deseño da fachada principal foi D. Francisco de Castro y Canseco, arquitecto leonés, e como canteiros na igrexa traballaron Pablo Solla, Vicente Vidal, Pedro Sarrapio e Juan Vázquez; Benito de Monteagudo na torre. A fachada norte foi deseño do freire Plácido Iglesias nunha segunda fase construtiva de 1779.
No seu interior destaca a imaxe de Santa Lucía do retablo do Rosario, que procede de Pedro Vázquez Alonso, pintor ourensán do século XVI.
Os seis retablos son:
– Retablo maior.
– Retablo do Corazón de Xesús, no transepto lado evanxeo esquerda.
– Reyablo da Inmaculada Concepción, transepto lado epístola dereita.
– Retablo da Virxe do Carme, evanxeo franciscanos de 1770.
– Retablo da Virxe do Rosario, epístola dominicanos do 1780.
– Retablo da Paixón de Cristo, na nave lado do evanxeo.
O adro de sillería arredor do templo reálzase cun Vía Crucis.
A igrexa ten unha tripla adscrición, como o mostran os tres escudos que conten: Real, Monacal de Celanova e Episcopal de Orense, o que provocou diversos pleitos dos abades da mesma.
Bibliografía:
Fernández Gasalla, Leopoldo. “Estudio Histórico Artístico de la Iglesia de Santa María la Real de Entrimo”. Revista de historia del arte Orensano. 2006 nº 11.
Enlace web: file:///C:/Users/profesorado/Downloads/Dialnet- EstudioHistoricoArtisticoDeLaIglesiaParroquialDeSa-2483010.pdf
Oscar Franco says:
Mai 15, 2014
Dous datos máis:
* Fai poucos anos levouse a cabo unha restauración que permite ver as cores orixinais das columnas de mármore e dos altares.
* O cantigueiro do lugar, Xoaquin Lorenzo, recolleu a seguinte cantiga:
“Santa María de Entrimo
tan alta se foi a pór
para tocalas campanas
o domingo do Señor”
Oscar Franco says:
Xuñ 11, 2015
Engado a seguinte referencia web sobre esta igrexa:
http://www.portasxures.es/gl/Mapa-de-Entrimo
Oscar Franco says:
Dec 5, 2023
A prensa dixital do 1 de decembro de 2023 denuncia o mal estado da cuberta desta igrexa, con goteiras que poñen en perigo os elementos mobles do seu interior:
https://www.laregion.es/articulo/baixa-limia/lluvia-pone-peligro-templos-entrimo-lobios/202312010515461258320.html