Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Caldas (comarca) / Valga
Parroquia: Valga (San Miguel)
Lugar: Mártores, Os
Outra denominación do ben: Capela de San Mamede dos Martores
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Templo construído sobre outro anterior, posiblemente alto-medieval. O edificio actual do século XVII, consta de planta rectangular e muros de cachote con algún perpiaño, agás o da portada que é toda de perpiaño, cunha sinxela espadana que aloxa unha solitaria campá con tellado a dúas augas con tella do país. Na parte dereita da fachada ten un pousadoiro. Nunha restauración nos anos 50 atopouse unha ara romana, do século I d.C, dedicada ó deus Mercurio.
Ó seu carón hai unha necrópole de época sueva con sartegos con formas antropomorfas e unha tampa que está apoiada sobre unha parede exterior.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36056007
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Ara romana dedicada ó deus Mercurio.
Tampa de sartego de época alto-medieval.
Varios sartegos de pedra con formas antropomorfas de época alto-medieval
Tradición oral:
Segundo a teoría do bispo D. José Guerra Campos, natural de Ames, no seu traballo “Exploraciones arqueológicas en torno al sepulcro del Apostol Santiago” de 1982 sinala o lugar de Os Martores na parroquia pontevedresa de San Miguel de Valga, como a localización máis posible para o enterramento de Prisciliano, pois existen alí uns sarcófagos antropomorfos que poden datar do século IV, e na toponimia do lugar, “Os Martores”, que pode ser unha reminiscencia da toponimia de “Os Mártires” con que se coñecía ós mortos en Tréveris. En apoio de esta teoría podemos engadir un aporte documental: na sentencia definitiva do concilio de Toledo celebrado no ano 400 dise: “Na cidade de Toledo pertencente á provincia Carthaginensis, os bispos reúnense en Sínodo: segundo as actas, Simposio e Dictinio xunto a outros bispos galegos, seguidores de Prisciliano, asinaron unha declaración na que condenaban a súa nefasta herexía, así coma ó seu autor. Ademais tomáronse diversas medidas que concernían á disciplina eclesiástica. Neste mesmo concilio participou o bispo Ortigio, que fora ordenado en Celenis, sendo exiliado a causa da súa fe católica baixo a presión dos priscilianistas.” Estas actas son interesantes porque nos lembran a importancia do priscilianismo durante os séculos IV e V en Aquis Celenis, posiblemente a actual Caldas de Reis da que seguramente dependía a actual Valga.
Guerra Campos menciona o lugar de Os Martores como unha posibilidade que debe ser investigada, posiblemente para afastar a teoría de que os restos que se atopan na Catedral de Santiago sexan os do propio Prisciliano, pero non deixa de lembrar que non existe un topónimo como “Martores” en toda Galicia aínda que si existe presenza similar como “Os Martices” en varios concellos.
Sulpicio Severo, na súa crónica “Chronicorum Libri Duo” que é unha fonte de información moi importante para entender a controversia prisciliana na Galia, di que cando os corpos dos mártires foron traídos ás Hispanias eran cinco os executados en Tréveris: Prisciliano, Felicísimo, Armenio, Latroniano e Eucrocia e que foron traídos entre os anos 385 d.C. e o 400 d.C. celebrándose as exequias con grande esplendor e que incluso empezaron a venerarse como mártires , considerándose relixioso en extremo xurar no nome de Prisciliano.
Segundo o bispo Hidacio (c. 400 – c. 469) despois da execución do mártir “a herexía priscinialista invadiu Galicia”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Astúrica Augusta: Un posible destino para las reliquias de Prisciliano, de Diego Piay Augusto
Exploraciones arqueológicas en torno al sepulcro del Apostol Santiago, de D. José Guerra Campos
Chronicorum Libri Duo, Sulpicio Severo.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6896515919Lonxitude: -8.61544847488
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Pancho - Lapatianco says:
Dec 11, 2016
Unha entrada sobre esta capela no blog “Tradición Jacobea”: https://albertosolana.wordpress.com/2013/09/26/9-os-martores-y-la-memoria-de-prisciliano/
Oscar Franco says:
Dec 29, 2016
Artigo de Elixio Vieites publicado na web historiadegalicia.gal no que se fala desta capela e doutros bens da contorna:
http://historiadegalicia.gal/2016/12/esta-enterrado-prisciliano-na-necropole-da-antiga-capela-dos-martores-de-valga/