Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: Bacurín (San Miguel)
Lugar: Bacurín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Igrexa románica do século XII feita a base de perpiaño granítico, con planta rectangular dunha soa nave e con cuberta de lousa a dúas augas. Posúe unha ábsida semicircular na que destacan os seus 16 canzorros de época románica que representan carneiros, lobos e esceas eróticas, entre outras.
Na fachada principal podemos ver unha porta de acceso abuguinada con tres arquivoltas e decoración axedrezada apoiadas sobre columnas con capiteis corintios e decoración vexetal. Por riba da porta un pequeno ocelo con derrame interno. O conxunto remata nunha espadana de dous vans con arcos de medio punto e remate en pináculos laterais e cruz.
A igrexa posúe unha porta lateral abuguinada con dúas arquivoltas, arco axedrezado e tímpano bilobulado.
Xa por último destacar a ventá da ábsida, abocinada e cun arco de medio punto con decoración axedrezada e columnas decoradas con motivos vexetais.
No interior da igrexa destaca o seu retablo maior dos séculos XVII e XVIII cunha imaxe barroca de San Miguel.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000019108
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LUGO/documents/27519ca014.PDF (Páxinas 2 a 4)

http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=3108&ctre=31&langId=gl_ES

http://alrededoresdelugo.es/monumentos-bacurin.html

http://xurdemoran.blogspot.com.es/2015/01/en-la-hermosa-comarca-del-mera-unos.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9680347256
Lonxitude: -7.68876135349
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84