Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: Bacurín (San Miguel)
Lugar: Bacurín
Outra denominación do ben: Pazo de Bacurín
Cronoloxía: Descoñecida, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación feita en perpiaño granítico irregular e cachotería, de dous andares e cuberta de lousa a catro augas.
No conxunto destaca o seu portalón de acceso, con arco de medio punto, brasón heráldico e cruz pétrea de remate.
O pazo, rodeado cun muro de peche feito en pedra, posúe varias edificacións adxectivas como a casa dos traballadores (de planta rectangular e cuberta de lousa a catro augas), e unha edificación para os enseres agrícolas da parroquial de San Miguel de Bacurín, que conta cun amplo patio pechado con muro e con porta de entrada con gran arco de acceso. Só conserva da súa vella fidalguía un escudo de pedra na porta de entrada, con decoracións barrocas.
O pazo atópase ao carón da igrexa parroquial de San Miguel de Bacurín (http://patrimoniogalego.net/index.php/90684/2016/12/igrexa-parroquial-de-san-miguel-de-bacurin/)


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: AgrícolaResidencial
Código no Catálogo da Xunta: RI.000019112
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LUGO/documents/27519ca014.PDF (Páxinas 11 a 13)

http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=19630&langId=gl_ES

http://xurdemoran.blogspot.com.es/2015/01/en-la-hermosa-comarca-del-mera-unos.html

http://alrededoresdelugo.es/monumentos-bacurin.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9680052856
Lonxitude: -7.688139081
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84