Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande, Castelo,
Concello: Cabana de Bergantiños
Parroquia: Silvarredonda (San Pedro)
Lugar: A Penela
Outra denominación do ben: Pazo da Penala
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Torre é unha das dúas que conformaban a fortaleza da Penela, documentada no século XIV, e que foi transformada en pazo no século XVII, sendo a sede da familia Riobóo. O fundador foi Lope Bermúdez de Traba, que casou con Urraca Rodríguez de Moscoso, polo que quedaron emparentados cos condes de Altamira. Posteriormente pasaría ós condes de Priegue, donos da Torre de Celas de Peiro, no val de Veiga.
Ten planta case cadrada con catro alturas, se ben está disposición tan só se aprecia na fachada xa que no interior só se conserva parte do forxado do segundo e terceiro andar, logo de vir abaixo o teitume fai pouco tempo.
A entrada pola fachada principal realízase a través dunha porta de medio punto de grandes doelas, mentres que na fachada posterior hai un acceso directo á terceira planta, debido ó desnivel que fai o terreo. O resto do edificio conta coas características propias dunha fortaleza defensiva, e dicir, sobriedade na composición, grosos muros e escaseza de vans.
No interior quedaban restos dunha escaleira de caracol de madeira, hoxe desaparecida. Tamén podemos ollar unha fermosa lareira na esquina suroeste do terceiro andar. A torre remátase cun antepeito de cantería coroado por ameas.
Nunha das fiestras pódese aprecia-la pedra armeira onde quedan reflectidas as linaxes dos Bermudez, Os Castro e os Riobóo.
A torre segue pertencedo á familia dos Condes de Priegue, en concreto a Álvaro Ozores Ochoa, que a cedeu a uns veciños para usalo como celeiro, apegándose a el diversas construccións destinadas a estes fins, desvirtuándose totalmente o conxunto e perdendo o carácter co que foi concebido. As estructuras defensivas actualmente visibles consisten nun parapeto de pedras e terra, de forma circular, disposto arredor da parte leste da torre.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15014010
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BOGA MOSCOSO, R.: “Guía dos castelos medievais de Galicia”. Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2003, páx. 48.
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CABANADEBERGANTINOS/documents/0081CA016.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CABANADEBERGANTINOS/documents/0081CA017.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CABANADEBERGANTINOS/documents/0081CA019.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Fai pouco tempo que lle caeu o teito previamente avisado polos donos da parcela do lado sen que este lle fixera ou puxera o menor interese. Polo de agora, caeu todo o entramado interior de madeira podendo ser recuperable, mentras non empecen a caer os muros.


Onde está localizado

Latitude: 43.1857785328
Lonxitude: -8.85802723456
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84