Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Moraña
Parroquia: Amil (San Mamede)
Lugar: A Picota
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O Santuario de Amil érguese nun pequeno outeiro ao que se accede a través dunha grande escalinata de dobre rampla realizada en 1948 segundo o proxecto de Robustiano Fernández Cochón. Baixo a ampla escaleira se sitúa unha fonte dedicada á Virxe dos Milagres, mandada facer por un labrego, Sebastián Castro, en 1778.

O templo, de cantaría, constrúese no século XIX segundo o proxecto do canteiro Manuel García Martínez. Como elemento diferenciador posúe planta octogonal. A fachada principal está presidida pola porta de acceso e unha fiestra, ambas enmarcadas nun pórtico entre dúas columnas. Este lenzo remátase cun frontón triangular, no que se sitúa o reloxo, e coróase cunha torre campanario de dobre corpo.

O máis destacado deste santuario é a importante e coñecidísima romaría que se celebra no mes de setembro e a que acoden miles de fieis. As misas comezan desde as 6 da madrugada, e as dúas da tarde sae a procesión da Virxe dos Milagres. Resulta moi curioso a inmensa cantidade de doazóns que se fan, sendo típico ver fotos da Virxe cuberta cun manto feito de billetes, aínda que tamén se doan animais e outros materiais.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No seu interior conta con numerosas imaxes da Virxe, destacando algunha talla barroca.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MORANA/documents/0834CA004.pdf (p. 2)
http://www.adr-ullaumia.es/descargas/arquivos/RUTAS%20TURISTICAS/PANEIS%20INTERPRETATIVOS%20RUTA%20HISTORICA/Santuario_dos_Milagres_de_Amil.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.540943424153774
Lonxitude: -8.584388494491577
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84