Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Castelo,
Concello: Caldas (comarca) / Valga
Parroquia: Valga (San Miguel)
Lugar: A Medela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Altomedieval,
Descrición:

No catálogo do PXOM de valga do ano 2010 apúntase sobre este asentamento que : “non se atoparon vestixios de estruturas que permitisen definir o tipo de xacemento concreto, aínda que na toponimia catastral tódalas fincas desta zona levan a denominación de “castelo”. En apuntes gardados de García Alén no Museo de Pontevedra lese : Es un castro. X-1971 comprobamos existencia de restos de ánforas, ímbrices y algo de cerámica castreña sin decoración en la zanja hecha para la traída de agua al grupo escolar”.
Para a elaboración desta ficha visitamos o lugar e podemos apreciar unha pequena superficie elevada sobre unha estrutura de forma cónica feita de acumulación de terra e cachotería, aproveitando un saínte rochoso. Ten ampla visión cara ao val no que se atopa a igrexa de San Miguel de Valga, e por onde transcorre o ruta Xacobea cara a Santiago. Pusúe dous marcados fosos circulares que rodean a base do recinto, agás pola banda leste de acusadas pendentes cara o río Valga. A superficie cimeira é chan e mide uns 15 m. de diámetro. Posiblemente anterior ao que cremos que son os restos dun pequeno castelo de control do territorio, houbera un castro do cal foron aproveitadas algunhas estruturas.
A segunda imaxe desta ficha é un LIDAR-PNOA cedido por ING-Xunta de Galicia (CDIX).


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA 36056006
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Hai lendas de mouros. Cóntase que a uns 100 m. deste lugar, ao quitar unhas pedras dun burato, había unha moura bailando.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VALGA/documents/27460ca004.PDF
pax. 3 do pdf
Índice doutros elementos arqueolóxicos no PXOM de Valga, ano 2010.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VALGA/documents/27460ca004.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6891389938
Lonxitude: -8.63955616951
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84