Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Caldas (comarca) / Valga
Parroquia: Valga (San Miguel)
Lugar: Os Vilares
Outra denominación do ben: Castro de Valga
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro a unha altitude de 275 m. dominando unha valgada atravesada polo río Valga e rodeada polos montes Lagoa ao norte , Outeiro da Trigueira ao sur, e monte Ouroso e Outeiro da Carballeira ao leste. Nesta contorna atópanse as aldeas das Laceiras, Os Vilares e Os Martores. Componse dun recinto central elevado de forma redondeada duns 60 m. de diámetro e protexido por un parapeto dunha altura que oscila entre 1 e 2 m. aproximadamente, sendo de maior altura pola banda leste e oeste. Cara á parte exterior esta defensa configura un terraplén dunha caída duns 4 m. que rematan nun foso moi colmatado. Esta primeira liña defensiva compleméntase cun gran contrafoso a modo de muralla terrea que o percorre por toda a zona norte, e a continuación vemos unha segunda liña de foso, profunda e encaixada duns 4 m. de altura e 3 de ancho, pola cal parece que houbo unha corredoira para acceder ao monte. Na zona nordés hai unha entrada en pendente que dá acceso á coroa, e unha pequena zona de terraza ou antecastro que cae en pendentes menos acusadas que as da zona norte. Na zona sur o recinto remata no núcleo da aldea dos Vilares.
A segunda imaxe desta ficha é un LIDAR-PNOA cedido por ING-Xunta de Galicia (CDIX).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36056005
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VALGA/documents/27460ca004.PDF pax 5


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6984281923
Lonxitude: -8.6125087738
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84