Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: A Estrada / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: Frades (Santa María)
Lugar: Requián
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela construída no século XVIII, aproveitando un lugar de paso por esta zona dos peregrinos que ían cara a Santiago. Ten planta de cruz latina e está feita a base de sillería e perpiaño granítico. Cuberta de tella curva no teito que vai a dúas augas, agás na caída dos corpos do transepto que vai a tres. Porta alintelada e recercada con molduras nas xambas e con orelleiras caixeadas nas esquinas superiores. Fachada con pouca decoración que amosa un van cadrado con derrame no centro, e riba del, adornos de placas na base da espadana. Remata o cume do hastial con sobrepenas e pináculos de bóla nas esquinas. Espadana de dous corpos sobre base rectangular na cimeira da fachada. Leva dous vans para as campás con arcos de medio punto e adornos de pequena balaustrada. Remata a parte superior con gablete moldurado e pináculos de bóla en esquinas, e outro no cume, do que se levanta unha cruz de forxa con catavento. Ao seu carón podemos apreciar unhas sobreiras de gran porte.
A romaxe dos Milagres de Requián celébrase o 28 de agosto, convocando a milleiros de romeiros. A carón do templo hai unha fonte presidida pola imaxe da Virxe e que ten ademais na parte traseira un lugar para poñer as velas e candeas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AESTRADA/documents/27777ca004.PDF
pax. 32


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6906886043
Lonxitude: -8.59332025051
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84