Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ponteceso
Parroquia: Anllóns (San Fiz)
Lugar: Anllóns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de estilo barroco ampliada dunha orixinal románica no secúlo XVII. De planta rectangular dunha soa nave e presbiterio románico, que gorece un retablo barroco do século XVII. A estructura resólvese mediante muros de carga de cantería á vista e a súa cuberta é a dúas augas cuberta con tella.
No exterior, conserva a portada romanica coa tradicional decoración de columnas acubilladas nas xambas, base e capiteis corintios esquematizados. O arco exterior da portada está decorado de forma axedrezada. A súa fachada, moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta descrita e, enriba do ingreso, un oco de luz en forma de arco de medio punto. Nos laterais ampliados, á altura de entre o oco de luz e a portada, sitúanse un oco rectangular e estreito de luz; un en cada lado. Rompendo o vértice do pentágono sitúase a base para espadana barroca de dous corpos. O primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serven para aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular oco, lixeiramente curvado flanqueado por pináculos moldurados e rematado por outro pináculo similar. Na fachada lateral norte, conservan aínda os típicos canzorriños románicos, unha porta de arco de medio punto e varias xanelas dispostas asimétricamente. Sinalar tamén, que no adro da igrexa encóntrase o pavimento orixinal da antiga igrexa románica, mentres que os canzorros da mesma foron trasladados ás novas fachadas, como xa comentamos antes.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Salientar o nome desta parroquia que ficou inmortalizado na composición do poeta bergantiñán Eduado Pondal, “Campana d´Anllóns”.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESO/documents/27921ca001.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2285583963Lonxitude: -8.89078751217
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84