Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Monterrei
Parroquia: Monterrei (Santa María)
Lugar: Monterrei
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

O Castelo de Monterrei é, probablemente, a fortaleza máis grande de Galicia pois, ademais da propia estrutura defensiva, contaba cun pazo, torres, capelas e mesmo un hospital de peregrinos. O conxunto, levantado sobre o que fora o Castro de Baroncelli, posúe tres recintos amurallados sobre una alongada lomba. As ameas e un pozo do patio interior acentúan o seu carácter defensivo, destacando as torres da Homenaxe e a das Damas. A entrada conta cunha porta levadiza. Dentro do recinto atópanse o Pazo dos Condes e a Igrexa de Santa María. O primeiro, de estilo renacentista, foi construído entre o século XVI e comezos do XVII. Posúe unha galería sobre columnas con arcos rebaixados e decoración de escudos en nos soportes verticais. En canto ao templo sinalar que é anterior, gótico, datándoo entre os séculos XIV e XV.

As edificacións do recinto superior foron mandadas construír por Sancho Sánchez de Ulloa, o primeiro conde de Monterrei, na época dos Reis Católicos. Por mor da súa grande importancia defensiva na fronteira con Portugal e a súa poderosa situación elevada, despois moitos outros liñaxes utilizárono. Ulloa, Zúñiga, Viedma, Fonseca, Acevedo ou a Casa de Alba foron algunhas das estirpes propietarias do castelo.

A primeira documentación da fortaleza data de 950. Posteriormente, no 1213, o rei Afonso X ordena a demolición das defensas do castelo, tentando satisfacer aos monxes de Celanova, pois considerábano una ameaza. No século XII o castelo será reedificado grazas ao rei de Portugal Afonso Henriques. En 1366 serve de refuxio a Pedro I o Cruel, nas súas disputas con Henrique de Trastámara. Xoán I de Castela concédelle os dereitos sobre a fortaleza a Diego López de Zúñiga. O seu fillo será Vizconde de Monterrei, e despois foille concedido o título de primeiro conde de Monterrei a Sancho Sánchez de Ulloa e Monterroso polos Reis Católico.

Hoxe en día, nos meses de setembro-outubro faise unha representación da batalla dos irmandiños, na que os campesiños rebélanse contra os nobres que lles producían terribles abusos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MONTERREI/documents/0534CA001.pdf
http://www.monterrei.es/?q=castelodemonterrei
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2007/03/26/o-castelo-de-monterrei-unha-das-ruinosas-xoias-de-galicia/
http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?crec=7096&ctre=1224&cidi=G
http://gl.wikipedia.org/wiki/Castelo_de_Monterrei


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9467995836
Lonxitude: -7.44932591915
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84