Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...), Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: Adai (Santa María Madanela)
Lugar: Adai
Outra denominación do ben: Templo de Pedra Fita
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Atopámonos ante unha laxe granítica duns 12 X 6 metros cunha lixeira inclinación. Nela podemos ver un conxunto de 18 buratos circundando a pedra, todos eles comunicados cunha canle ou suco.
na parte central da pedra aparece unha pía circular duns 26 cm que desauga noutra rectangular de 80 X 32 cm.

Non está clara a simboloxía ou a función deste lugar. Os investigadores García Quintela e Santos Estévez en colaboración con Rosa Brañas Abad consideraron a posibilidade de que Adai fose un santuario adicado ao deus Lug, ou un lucus; mentres que Vázquez Liz, Prieto-Martínez e Núñez Jato plantexan Adai como unha longhouse neolítica (ver referencias bibliográficas).


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen usoOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

No verano de 2023 a Universidad de Santiago de Compostela, baixo a dirección de Pilar Prieto membro do Grupo EcoPast e do CISPAC, comezou uns traballos de investigación neste lugar co fin de identificar as súas fases de construción, uso e abandono (ver referencias bibliográficas).


Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://arqueotoponimia.blogspot.com/2019/05/el-auguraculum-de-adai.html
http://megaliticia.blogspot.com.es/2015/11/petroglifo-y-altar-de-adai.html
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2012/05/08/pagans-e-neopagans-en-adai/
https://asombradebouzapanda.wordpress.com/2012/05/23/o-santuario-da-pedra-fita-de-adai-e-o-seu-templo-perdido-unha-incognita-arqueoloxica/
https://asturiense.blogspot.com.es/2017/10/el-templo-de-los-18-hoyos-de-pedra-fita.html
https://asturiense.blogspot.com.es/2017/11/el-templo-de-los-18-hoyos-de-pedra-fita_19.html
http://alrededoresdelugo.es/arqueologico-altar-adai.html

BIBLIOGRAFÍA
Santos Estévez, Manuel. “Petroglifos y paisaje social en la prehistoria reciente del noroeste de la península Ibérica” Traballos de arqueoloxía e patrimonio nº 38. Santiago de Compostela. 2007.
VÁZQUEZ LIZ, Pablo, PRIETO-MARTÍNEZ, Mª Pilar e NÚÑEZ JATO, Juan Francisco. “El pasado olvidado: El sitio del II y I Milenio BC de Pena Fita (Adai, Lugo) en el contexto de las ‘longhouses’ del NW peninsular”. Gallaecia. Revista de Aqueoloxía e Antigüidade. ISSN 0211-8653; ISSN-e 2445-3927. 2015 (En liña: http://www.usc.es/revistas/index.php/gallaecia/article/view/3376/3763)
VV.AA. Santuarios de la Galicia céltica, cap. 3: “Lucus, Lugdunum, Lucaria, Lugnasad, Augusto, Lug y Santiago”. Abada Editores, 2008 .

TRABALLOS ARQUEOLÓXICOS VERANO 2023
https://historiadegalicia.gal/2023/08/que-misterios-arqueoloxicos-oculta-o-circulo-litico-e-a-cabana-prehistorica-de-adai/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/o-corgo/2023/08/31/empieza-primera-excavacion-yacimiento-prehistorico-adai-corgo/00031693492184016646583.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0218955574
Lonxitude: -7.61792689562
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84