Outra fotografía:
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Dodro / Sar (comarca)
Parroquia: Santa María de Dodro
Lugar: Lestrobe
Outra denominación do ben: Muiño de Chuco
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:
Muíño de cubo con tellado a dúas augas, aínda que unha delas de escasamente un metro. Dunha altura aproximada de seis metros ate o cume, consta de dúas alturas diferenciadas, posiblemente con dous pisos, con paredes de sillería. Consta dunha soa pedra de moer nun espazo interior duns 30 metros cadrados cun piso superior, en tempos de madeira, para almacenar diferentes materiais para a moenda. A auga corre por unha canle de cantería encima dun muro de mampostería de trinta metros de largo que alcanza os cinco metros de alto na parte que une co edificio. O cubo ten unha altura duns cinco metros e está formado por unha ducia de pedras de forma cilíndrica cun burato no medio polos que cae a auga ate o rodicio.
Parece que no interior ten habido reformas, sobre todo de ampliación ou de tipo de uso do muíño.
É o único muíño que queda na aldea de Lestrobe dos catro que chegou a contar.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Manuel Lorenzo Baleirón na súa obra Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga, fai a seguinte referencia:
“O Muíño de Fidel e o do Regueiro, agora destruído, están do lado de riba da aldea de Lestrobe. Gonzalo Gayoso Carreira, na monumental Historia del papel en España, cóntanos que no ano 1759 estaba en activo no Couto de Lestrobe un muíño de papel ordinario e de estraza, que “polas curtas facultades do seu dono só fabricaba unha pequena cantidade de resmas ó ano”. Puido ter sido o de Fidel pois o outro era de menores dimensións e os outros dous que houbo á beira da estrada eran xa eléctricos. Durante os séculos XVIII e XIX sería o único existente en toda a Terra de Iria e da Arousa ata a fábrica do Faramello. O papel elaborábase a partir de trapos vellos, sobre todo de liño, macerados en lixivia, machacados no batán dos muíños ata deixalos reducidos a unha pasta que se botaba en moldes. Cóntanos o Padre Sarmiento que foron dous galegos, en 1470, os que construíron os primeiros muíños de papel en Basilea e en Alemaña.”
Gonzalo Gayoso Carreira: Historia del papel en España dí: “¿No constituiría este pequeño y anónimo molino papelero del que no se dá su fundación, el último eslabón que quedó de la industria papelera gallega, que según Sarmiento o su transcriptor, se permitía enviar operarios suyos (precisamente de Lestrobe) a implantarla en otros países?”
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Manuel Lorenzo Baleirón: Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga.
Gonzalo Gayoso Carreira: Historia del papel en España.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7340423026Lonxitude: -8.67105066776
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84