Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Bergantiños (comarca) / Laxe
Parroquia: Soesto
Lugar: Monte Chans
Outra denominación do ben: Castelo da Estrela; Castelo de Capeludos
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Posto vixía entre as penedas. Neste lugar, entre os séculos XI e XIV, existiu unha fortificación chamada Castelo de Sueiro. O Castelo (torre de vixía) aproveitaba a situación estratéxica e a orografía rochosa do lugar dominando o val de Traba e de Soesto. A destrución do castelo probablemente ocorreu no século XIV. Ao pé do castelo unhas chanceiras ou rebaixes do terreo (chá, planicie) facilitarían o acceso dos señores ao mesmo. Aos lados pedras sólidas garantírían a seguridade do castelo (Cal de Moreu). Desde a súa ubicación pódese apreciar a redonda unha paisaxe de alto valor estético e paisaxístico. A praia de Traba, Soesto, lagoa de Traba e a paisaxe protexida “Penedos de Pasarela- Traba”.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: Non está catalogado
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A propiedade pertence aos herdeiros da familia Blanco-Rajoy, donos do Pazo de Soesto, vencellado ao lugar que foi día residencia de Alfonso IX (1171-1230) Rei de León e Galicia e mesmo antes, de Alfonso VII o Emperador (1105-1157), que foi primeiro Rei de Galicia (1111), despois de Castela e León (1126) e, finalmente, Emperador en 1135 (recoñecéndose así formalmente a súa supremacía polos demais reis cristiáns), e que -isto si é seguro- criouse baixo a tutela do Conde de Traba no Mosteiro de Moraime (a menos de 20 Kms. en liña recta deste Pazo).
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O castelo está afectado polo proxecto do parque eólico Pena Forcada Catasol II no concello de Laxe, na provincia da Coruña, promovido por Gas Natural Fenosa (expediente IN661A-2010/3-1) (DOG do 11 de decembro de 2015).
Onde está localizado
Latitude: 43.19048334Lonxitude: -9.0220284462
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Dec 13, 2016
Sobre o Castelo de Sueiro e o parque eólico
https://corcoestoblog.wordpress.com/2016/12/07/o-castelo-de-sueiro-de-laxe-o-castro-da-estrela-stella-ou-do-sol-afectado-polo-parque-eolico-pena-forcada-catasol-ii/
Na prensa
https://historiadegalicia.gal/2016/12/sos-para-un-castelo-medieval-ameazado-por-un-parque-eolico/
http://quepasanacosta.gal/un-castelo-medieval-contra-a-invasion-dos-viraventos/