Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: Camoira (Santo Estevo)
Lugar: Camoira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Igrexa construída entre os séculos XVIII e XIX sobre outra anterior de época románica, feita a base de perpiaño granítico. Posúe planta rectangular dunha soa nave e cuberta de lousa a dúas e catro augas. Pináculos con forma de florón os laterais.
Na fachada principal vemos unha porta alintelada, un ocelo e unha espadana de dobre corpo e dun só van con pináculos.
No interior destaca o seu retablo maior de estilo neoclásico de finais do século XVIII-principios do XIX, no que podemos ver unha imaxe de San Brais do século XVII.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000019170
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Existen referencias que falan dun canzorro depositado no chan do templo que, posiblemente, fora da antiga igrexa de época románica.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LUGO/documents/27519ca024.PDF (Páxinas 2 a 4)

http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=26365&ctre=31


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0446597691
Lonxitude: -7.65256896615
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84