Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Cerdedo / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: Pedre (Santo Estevo)
Lugar: Vichocuntín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Fermoso conxunto formado por un peto de ánimas e un cruceiro.
A base confórmano o peto de tipo pechado e hoxe baleiro. Na parte superior da fornela,antes da súa cuberta a dúas augas, aparece unha praca feita en mármore coa seguinte inscrición:
“EN EL AÑO DE 1905 SE HIZO ESTE
CRUCERO
POR RDEN DE MANUEL VECINO Y
JOSE SIEIRO
DONATIVO DE D. DOMINGO SIEIRO”.

Sobre o peto podemos ver o cruceiro, de sección cilíndrica. O capitelten forma tronco-piramidal invertida e aparece decorado con volutas e unhas caras de anxos nas súas catro caras.
Por último a cruz, de sección octogonal na que aparece as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre unha peaña no reverso.

O historiador Estanislao Fernández de la Cigoña recolle a seguinte historia deste conxunto:
“Don Domingo Sieiro quería facer unha capela no lugar da Devesa, na parte alta da aldea de Vichocuntín, pero non tiña diñeiro abondo para emprende-la empresa, polo que decidiu construí-lo peto mailo cruceiro coa axuda do cura de Cerdedo D. Francisco Vidal García que foi o que serviu a pedra”
E o etnógráfo Calros Solla recolle no seu libro o seguinte:
“Rodríguez Fraiz atribúelle a feitura a Francisco da Igrexa (de la Iglesia) canteiro oriúndo da Vilalén (Tomonde), aveciñando en Vichocuntín (Pedre). Hai quen llela asigna a Xosé ou a Antonio Ferreiro (pai e fillo), canteiros oriúndos do lugar do Outeiro (Quireza). Xosé Ferreiro foi o autor dos cruceiros de fuste helicoidal das parroquias de Cerdedo (!900) e Quireza (1902)”.

Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CERDEDO/documents/27885ca213.PDF (Páxinas 1 e 2)

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998

SOLLA, CALROS. A Conxura dos Gosende. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo III. Ed. Morgante, 2015.

ENLACES DE TIPO LEGAL

http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5329714689
Lonxitude: -8.41780051589
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84