
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Gondomar / Vigo (comarca)
Parroquia: Gondomar (San Bieito)
Lugar: Ripote
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O conxunto nace sobre un pequeno chanzo, un groso varal coas arestas rematadas en chafrán e unha pedra a xeito de mesa sobre a que se apoia o peto de ánimas.
Este, de tipo aberto, posúe un caixón para as esmolas que se sitúa na propia mesa. Vemos tamén unha pequena placa de mármore co debuxo de San Bieito e unha lenda que di o seguinte: S. BENITO Y LAS ÁNIMAS”.
Debaixo del, tres almiñas e unha inscrición que di: “DEVOCIÓN DE FRANCISCO VILAS”
Este peto atópase pegado a un dos muros laterais da Igrexa de San Bieito de Gondomar (http://patrimoniogalego.net/index.php/35858/2013/02/igrexa-parroquial-de-san-bieito-de-gondomar/)
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio e PÉREZ GONZÁLEZ, María Xosé (2020). Arquitectura de intermediación. Cruceiros e pétos de ánimas. Caderno de Etnografía. Ed: Instituto de Estudos Miñoráns -IEM-.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E: “Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra”. Ed. IR INDO, 1998
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1121542012Lonxitude: -8.75839278102
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84