Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Brión
Lugar: A Cheira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Mámoa situada nunha chaira ao pé dos montes de Brión, na estrada de acceso a Brión. Forma parte dun grupo de 5 mámoas situadas moi preto. Mide uns 20 metros de diámetro cunha altura dun metro. O oco de violación mide uns catro metros de diámetro por 0,5 de profundidade e apréciase unha coiraza. Está nunha plantación de eucaliptos e está cortada 1/3 pola estrada a Brión. Forma parte do campo de mámoas dos Montes de Brión.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15036057
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

*Túmulos prehistóricos no concello de Ferrol. Grupo de arqueoloxía da terra de trasancos. Anuario brigantino, 1997 (descrita como mámoa número 37)
*http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FERROL/documents/0184CA004.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está cortada por unha estrada e cuberta por eucaliptos


Onde está localizado

Latitude: 43.477532886
Lonxitude: -8.27760848433
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84