Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Pereiro de Aguiar
Parroquia: Prexigueiró (San Salvador)
Lugar: Cortiñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Peto en estado de abandono, esquecido en cruce de camiños dentro da aldea de Cortiñas.

Estrutura pechada, sinxela e sen maiores pretensións, corpo de sección cadrada, de gran sobriedade. No que só destaca a cornixa superior lixeiramente moldurada, sobre a que se sitúa un cubo granítico a modo de peana, e sobre este a cruz de sección cadrada con arestas biseladas.
Durante un tempo a cruz estivo partida, polo que solo permanecía enriba do peto o seu primeiro tramo vertical.

O nicho esta formado polo oco entre dous perpiaños e o arco superior labrado na cornixa. Carente de imaxe ou retablo aínda que probablemente o tivese de madeira policromada.

Atopámolo rodeado por sinais de trafico e poste de tendido eléctrico.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PEREIRODEAGUIAR/documents/0478CA011.PDF (Pax.4)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.346979
Lonxitude: -7.789257
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84