Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pazos de Borbén
Parroquia: Pazos (Santa María)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de época románica feita a base de perpiaño granítico, con planta basilical e teitume a dúas augas con pináculos nos extremos. Sufríu varias reformas entre os séculos XVII e XVIII.
A fachada principal presenta unha porta de aceso alintelada cun frontón triangular. Máis arriba un ocelo e unha espadana con arcos de medio punto.
Nos muros laterais podemos ver contrafortes canzorros de época románica.

O interior presenta unha ábsida con bóveda de canón (reconstruída no ano 1606 segundo reza unha inscrición) e arco triunfal de acceso de medio punto, con roseta na clave. A nave consta de catro tramos con cuberta de bóveda de canón e arcos faxóns de medio punto que descansan sobre ménsulas.
Pero o máis destacado e un tímpano de época románica, de forma semicircular na que parecen seis cruces de tres tipos diferentes


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000033012
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No exterior da igrexa destaca as dúas cruces antefixas.
No interior podemso ver dúas pías bautismais, unha probablemente de época medieval.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
PXOM Pazos de Borbén. Aprobación inicial Xuño 2009 (Ficha PA 01)

http://www.romanicodigital.com/detalle-Pdf.aspx?archivo=Pazos&localidad=PONTEVEDRA

http://www.galiciaenteira.com/iglesia-de-santa-maria-de-pazos-pazos-de-borben/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2890959577
Lonxitude: -8.53209078312
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84