Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Dodro / Sar (comarca)
Parroquia: San Xián de Laíño
Lugar: Rialiño
Outra denominación do ben: Cruceiro dos Carballiños
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruz de granito, con 0.55 metros de base e 1.35 metros de altura. Non ten baseamento, pedestal de basa prismática coas arestas cara superior en chafrán, cunha inscrición, ilexible, na cara frontal dentro dun recadro.
Non ten varal nin capitel, e a cruz é sinxela, de tipo latino, cos ángulos rematados en chafrán e os extremos de sección cuadrangular.

Antigamente se empregaba como lugar de enterramento de bebés non bautizados. Hoxe segue a ser un lugar de culto relixioso e parada de procesións. A Carreira das Bestas era o vello camiño sacramental que baixaba desde onde está o cruceiro de Don Pedro, en a Cruz, ata o Rialiño. O cruceiro cambiouse de sitio por unha ofrenda e despois, roubáronlle a cruz varias veces.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000039621
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/DODRO/documents/22335CA424.JPG


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra:
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7358784212
Lonxitude: -8.69552850723
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84