editoraAínda hai moitos concellos de Galicia que a penas teñen un só ben. Vasnos deixar sen coñecer o que agochades aí? Consulta a lista de concellos “silenciosos”.

PatrionioGalego xa chega a todos os concellos de Galicia e convértese na primeira gran web social en ter referencias patrimoniais de todo o país, con case 9.000 fichas rexistradas. Con todo, aínda hai algúns municipios nos que a catalogación está sendo moi lenta, xa que en 78 deles, das catro provincias galegas, hai menos de cinco monumentos rexistrados.

Nesta particular lista, os concellos peor situados son os de Neda, Vilariño de Conso, Moeche, Muras, Cerdido, A Mezquita, Vilar de Santos, Trabada, Toén, A Teixeira, Sarreaus, Ribeira de Piquín, Burela, Carballeda de Valdeorras, Pontedeva, A Pastoriza, Trasmirás, Castrelo de Miño, Padrenda e Rairiz da Veiga. En todos eles, só hai un elemento patrimonial catalogado.

Pola contra, once concellos superan os cen bens catalogados, liderando esta categoría o de Pontevedra, con 321, e Vigo, con 269. Síguenlles Ponteareas ( 177), Muros (169), Cotobade-Cerdedo ( 149), Baños de Mogas ( 146), Santiago de Compostela ( 134), Oimbra ( 124), Vimianzo ( 123), Carnota (121), Monterrei e O Rosal (118, respectivamente), Tomiño (114), Ourense (110), Ames ( 105), Tui ( 104), Gondomar ( 103) e Paderne de Allariz ( 102).

Anímate a completar este catálogo. É un proxecto colectivo factible, útil e que en todos estes anos xa ten demostrado a súa capacidade para salvagardar o patrimonio cultural de Galicia.