Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cambados / Salnés (comarca)
Parroquia: Cambados (Santa Mariña)
Lugar: Praza de San Gregorio, Fefiñáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de catro chanzos e pedestal cúbico rematado cunha roda moldurada. O varal é cuadrangular no primeiro terzo para ser circular, leñoso con nós. Na parte cuadrangular, por la parte do anverso, presenta unha imaxe acubillada nunha fornela a modo de peto de ánimas no que aparece San Francisco intercedendo por dúas almas no Purgatorio. Nas demais caras presenta uns baixorrelevos coas figuras da Paixón: escada, tenaces, martelo, coroa de espiñas, látego e corazón. No último tramo circular do varal, á dereita, unha imaxe de San Gregorio cun neno no brazo esquerdo sobre unha peaña. O capitel é cuadrangular con catro anxos alados, un en cada esquina. A súa cruz é cuadrangular, recadrada e cos brazos en chafrán con remates en flor. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, bendicindo coas mans e o pé esquerdo sobre o dereito. Ten a cabeza ergueita sen coroa e cun pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe co Neno no colo. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación, aínda que o impacto dunha elevadora en febreiro do ano 2011, tirara o cruceiro esnaquizando o varal en cinco anacos e a cruz noutros catro. En novembro dese ano, o cruceiro foi restaurado voltando a ser un dos cruceiros máis importantes do concello desde o punto de vista da súa monumentalidade e tamén pola súa riqueza iconográfica. Este cruceiro, segundo os veciños, mandouno construír unha familia da zona a finais do século XVIII como unha ofrenda.
Salientar tamén que é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5178119923Lonxitude: -8.81500471384
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84