Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Cruceiro,
Concello: Muros
Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)
Lugar: Ribeira de Solleiros
Outra denominación do ben: Parroquial de Esteiro
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Debido ao aumento de poboación que no século XX provocou o traballo nas fábricas de salgadura, o vello templo erguido no lugar de Solleiros quedárase pequeno. Por iso, José Rodríguez Romero, párroco de Santiago de Tal e encargado do anexo de Esteiro, organizou unha subscrición popular para erixir un novo. Baixo a dirección de obras do mestre Ramón Fernández “O Rachelo”, constrúise unha igrexa de “pedra de gran”, con planta en cruz latina. Rexa e forte, aínda que exenta de florituras e ambicións estéticas, pero ampla e moi práctica. O frontispicio triangular, liso e sen relevos, que preside a fachada de imitación neoclásica está rematado por unha torre cadrada sobre a que se asenta unha imaxe granítica do Sagrado Corazón que lle dá ao conxunto un carácter singular. Foi inaugurada o 18 de Xullo de 1956.
No adro érguese un cruceiro, datado na mesma época que a igrexa. Presenta una baseamento de tres chanzos e pedestal biselado nas arestas superiores. Varal de sección cadrada na parte inferior e oitavada na superior, un capitel con volutas e unha cruz coa imaxe do Crucificado e da Virxe.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Agrelo Hermo,Xose;Abeijón Núñez,Francisco: A Freguesía de Santa Mariña de Esteiro

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA011.pdf
(igrexa)

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA016.pdf
(cruceiro)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7939339605
Lonxitude: -8.98280382156
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84