Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ribeira (San Pedro)
Lugar: Lameiro da Vila
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Fonte da modalidade de capela e gorecida por unha cuberta a unha única auga, aparece protexida e embalsada nun cubo granítico levantado en perpiaño de boa calidade, aberto na súa fronte. Este cubo ten en planta unhas medidas aproximadas de 1,5 m. por outro tanto de fondo, a súa parte traseira queda inxerida no muro do eido adxacente.
O oco frontal, está protexido por un perpiaño a modo de murete, para evitar a caída ó interior. A gran pedra que fai de cuberta, polo seu fronte ten unha sinxela moldura decorativa.
O cubo interior onde se almacena a auga ten unha profundidade de 1m aproximadamente.
Fronte a ela situábase unha gran pía feita en granito, que se puido utilizar en tempos para que bebese o gando. Hoxe sen o uso para o que se creou, por estar esnaquizada e volteada sobre un lateral, usándose como asento.

Esta fonte da Cal atópase saíndo de San Pedro de Ribeira, próxima á encrucillada onde un antigo camiño se dirixe cara Betán ou cara o Monte do Cimbro e Marzás.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.238035
Lonxitude: -7.712065
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84