Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ponte Ambía (Santa María)
Lugar: A Pedrosa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Fonte da modalidade de capela inxerida nun muro de contención do terreo, formando parte del, amósase gorecida por unha cuberta a unha única auga.
Aparece protexida e embalsada nun cubo granítico levantado en cachotería de granito e facendo a cavidade dende a fronte.
Unha gran pedra fai de cuberta, amparando o terreo de nivel superior que se atopa enriba de esta.
Na actualidade encontrase nun estado lamentable, invadida pola maleza e comezando a derrubarse algunha das pedras que conforman a súa fronte. Quedou practicamente inutilizada cando se asfaltou a pista que pasa pola súa fronte, xa que esta subiu de nivel e cubriu en parte o acceso a ela.

Sitúase en antigo camiño (hoxe pista asfaltada) que une Ponte Ambía de Arriba con O Pazo, próxima a Petada da Pedrosa, que xa aparece referenciada no Catastro de Ensenada en 1752


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Totalmente esquecida e invadida pola maleza, o asfaltado da pista deixouna practicamente inutilizada.


Onde está localizado

Latitude: 42.227939
Lonxitude: -7.719302
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84