Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Noia (comarca) / Porto do Son
Parroquia: San Pedro de Baroña
Lugar: Penas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Época Baixomedieval,
Descrición:

O recinto arqueolóxico atópase en ruínas e baixo un manto de vexetación, ao carón do regato de San Tomé que desemboca, pouco metros máis abaixo, no río Maior. Trátase dunha terraza, supostamente disposta a ambos lados do regato. Na zona oeste, atópanse alomenos dúas estruturas de boa canteiría baixo a frouma, ademáis dalgúns muros de retención ou que tamén poderían formar parte tamén das estruturas. Un dos edificios está aliñado E-O, o cal podería corresponderse co da estrutura da capela. Da outra banda do río atopouse un sartego en pedra local referido máis adiante. Na actualidade dedícase a braña.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:

Apúntase que se conserva un “santo” da capela aparecido na riada nunha casa de Montemuíño.


Tradición oral:

Na tradición oral da zona coñécese como Capela de Santomé, pero tamén hai referencias ao “convento” e mesmo ao “cenobio”. Ata o momento non puiden conectar este lugar con referencias bibliográficas e/ou documentais a mosteiros na zona.


Historia recente do ben:

Hai varias décadas unha riada remexeu as pedras dos valados que delimitaban o río e sacou á luz un importante sepulcro en pedra, que conserva a lauda sepulcral, aínda que non puiden acceder e verificar se tiña algún tipo de decoración e/ou baixorrelevo.


Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6982385383
Lonxitude: -9.00479826361
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84