Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Baños de Molgas (San Salvador)
Lugar: O Regueiro - Alvite
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Conxunto de fonte e lavadoiro, baixo cuberta soportada por estrutura de ferro, na que a primeira consta dun murete de tres pedras de forma piramidal, no fondo de este, atópase o chorro principal por onde sae a auga.
Dun único cano, a fonte aparece rematada en altura en forma de edícula triangular escasamente decorada con molduras. No lateral exterior pódese ver en relevo un pentágono e unha estrela de seis puntas, en cuxo centro atopábase a antiga billa.
Pola parte de atrás da fonte sitúase un lavadoiro de medianas dimensións construído en perpiaño de granito, formado por un vaso de pedra cuadrangular sen divisións.
O pilo permite refregar a roupa ao longo de dous dos seus catro lados mediante a disposición de pedras inclinadas a media altura. Nun dos laterais sitúase unha pía rectangular tamén en granito para que bebese o gando.
Complementase o conxunto con algún tanque mais e asentos por un dos laterais.

Este conxunto situase as aforas de Alvite, na zona do Regueiro, ó pé da estrada cara Salgueiros.
O tipo de cuberta non está en concordancia co conxunto.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.248132
Lonxitude: -7.681927
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84