Outra fotografía:
Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Arzúa (comarca) / O Pino
Parroquia: Pastor (San Lourenzo)
Lugar: Barcia
Outra denominación do ben: O Pico de Adentro
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Trátase dunha superficie no cume do Pico de Barcia ou de Adentro, segundo a toponimia catastral, a unha altitude de 360 m. e rodeada dun valado perimetral de terra e cachote que chega a acadar de 2 a 3 metros de ancho, de 1.5 m. de altura, aproximadamente, e moi esmorecido pola banda oeste. Traza no seu desenvolvemento unha circunferencia de 130 m. de diámetro en medidas tomada por visualización lidar. O valado ten cara o exterior un terraplén de pouca pendente, pero moi regular. Cara o interior parece que foi profundado en tempos máis recentes. Obsérvase outra liña de muro de terra moi esborrallado a 40 metros, concéntrico a este, e pola zona sueste.
Está dividido pola metade en dirección norte a sur por un muro de construción recente de pedra, para delimitar as propiedades dos montes, onde se pode ver abundante perpiaño de seixo branco nos paramentos.
No cume hai unha superficie chan, despois dun pequeno tramo de pendente acusada, que presenta desmontes para a extracción de material de pedra de seixo para a construción do firme da estrada N-634, segundo nos contou o propietario do monte.
Esta forma circular do valado non parece a día de hoxe estar servindo de limites das fincas, sendo esta a causa de que pola zona oeste estea máis achanzado ao estar este no interior de sete propiedades que ocupan a pendente do monte .
A zona norte ten visión sobre a canle do río Tambre e a do sur sobre a vía de comunicación de Pontecarreira (Frades) a Lavacolla (Santiago).
A segunda imaxe desta ficha é un LIDAR-PNOA cedido por ING-Xunta de Galicia (CDIX). Instituto de Estudos do territorio (IET)
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0077775942Lonxitude: -8.27283382416
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84