Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Maceda
Parroquia: Maceda (San Pedro)
Lugar: Maceda
Outra denominación do ben: Fortaleza de Maceda
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Trátase dun dos edificios civís máis importantes da Idade Media en Galicia, considerada como a fortaleza cos muros máis grosos de Europa. Levántase estratexicamente entre Maceda e Manzaneda de Limia. Unha primeira referencia sitúanos no século XII cando o forte e as terras son entregadas como dote no matrimonio entre María Fernández de Traba, filla de Teresa de Portugal, con Juan Ares de Novoa de Ribadavia. A Liñaxe dos Novoa perdurará en Maceda ata o século XVII. Durante a Guerra Irmandiña, o castelo foi atacado e arrasado polas forzas deste movemento. Da súa muralla quedan en pé dous torreóns redondos en lados opostos e barbacás nos outros dous cinguindo a torre de homenaxe de planta cadrada e do século XI, que é o elemento máis antigo.
Está construído en perpiaños de granito regulares que aínda conservan as marcas dos canteiros. Na porta principal de arcos de grandes dovelas están os escudos de armas dos Novoa e Rivadeneira. A Torre está envolta por unha cerca, recorrida no seu alto por un adarve e besteiras, delimitando unha praza de armas con un pozo aberto na rocha nai con unha profundidade de 60 metros. A muralla de exterior confórmase en catro lados con ameas con besteiras. O castelo sufriu deterioro dende o século XVII ata que no ano 1966 foi adquirido polo concello e iniciáronse unhas obras de restauración que no seu momento espertaron polémica polas súas solucións arquitectónicas. Como dato histórico algúns historiadores sitúan a Alfonso X aos 11 anos de idade neste castelo.
Foi declarado Monumento Histórico-Artístico por decreto de 22 de Abril de 1949, BOE nº 125 de maio de 1949.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
GONZÁLEZ LÓPEZ, Emilio: “El Águila Caída: Galicia en los reinados de Felipe IV y Carlos II”. Ed.Galaxia, 1973. ISBN 84-7154-166-1
Ficha do PXOM:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MACEDA/documents/0449CA006.pdf (p. 1)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.270568848277264Lonxitude: -7.659026384353638
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
aspres says:
Set 12, 2014
Como información complementaria engado o enlace http://www.proxectoarga.com/Architecture/Building/33