Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Bergantiños (comarca) / Cabana de Bergantiños
Parroquia: Corcoesto (San Pedro)
Lugar: Bello
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de base redonda sobre plataforma cadrada. O fuste é moi estilizado. Na cruz represéntase a Cristo crucificado por unha das caras, e pola outra á Virxe María co seu fillo no colo, xa desencravado.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Conta a lenda que había outros 3 cruceiros iguais. En total eran 4, situados aos 4 ventos (norte, sur, leste e oeste). Só queda o do sur. Os outros foron expoliados ou vendidos na década dos anos 70.


Historia recente do ben:

Este cruceiro foi atopado abaixo dunha finca que lle chaman a Sede.


Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase á beira do chamado camiño vello, ao lado dun eucaliptal. Os eucaliptos supoñen un risco inminente de deterioro sobre todo na época de corta.


Onde está localizado

Latitude: 43.2085384628
Lonxitude: -8.85093569756
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84