Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Caldas de Reis / Vilagarcía de Arousa
Parroquia: Cea (San Pedro) Saiar (Santo Estevo)
Lugar: Castroagudín
Outra denominación do ben: Castro de Agudín
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Recinto fortificado situado nun outeiro que acada os 275 m. de altitude e que pertence as estribacións do monte Xiabre. Amosa unha primeira liña de defensa composta por unha muralla, de terra e cachote cun perímetro duns 520 m. e reforzada con rexos terrapléns aproveitando a topografía do terreo. Esta defensa cingue unha superficie achanzada de 2 ha. Na parte sur deste recinto vese elevada outra superficie a modo de acrópole, e rodeada de terraplén e muralla, na que ademais se aprecia unha elevación no seu centro de forma redondeada duns 20 metros de diámetro. Na zona sueste hai un desmonte do terreo de considerable tamaño para a extracción de pedra.
Posiblemente a entrada ao recinto sexa pola zona sur onde se aprecia unha pequena superficie con reforzo de dobre muralla.
A imaxe secundaria desta ficha é un LIDAR-PNOA cedido por IGN- (IET) Xunta de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Nas normas subsidiarias de Caldas de Reis
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CALDASDEREIS/documents/0732CA001.PDF
Plano no PXOM de Vilagarcía ano 2000
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILAGARCIADEAROUSA/documents/1009PB008.JPG
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILAGARCIADEAROUSA/documents/1009NO001.PDF
pax 63 de 69 do pdf B.O. de Pontevedra
do 26 maio, ano 2000, de aprobación do PXOM


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A día de hoxe, Xaneiro de 2017, amosa unha pista, a modo de cortafogos, que cortou os dous terrapléns e as dúas murallas entrando pola zona norte e chegando ata o recinto central. Na zona oeste aprécianse na baixada do terraplén uns carrís que afondan uns sucos na defensa, a modo de circuito para algún tipo de vehículo, dado as pegadas de rodeiras que xa se aprecian na subida de acceso ao castro e a súa contorna.


Onde está localizado

Latitude: 42.5982872116
Lonxitude: -8.71438980103
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84