Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Cambados
Parroquia: Cambados (Santa Mariña)
Lugar: Cambados, Rúa Infantas.
Outra denominación do ben: Pazo de Salgado
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Construción barroca do século XVII como consta nuhna inscrición no fronte superior. Componse dun edifico principal de planta rectangular e unha torre lateral ameada engadida nos anos 60 do século XX, ampliando a casa cara o leste. Consta de baixo e un andar, agás na nova torre que ten un andar máis.
Na fachada principal que ben sendo o lado maior do rectángulo, destaca a porta alintelada, co lintel sostido por ménsulas, enriba da que se dispoñe unha escultura, sobre ménsula, que se atopa en estado fragmentario e outra porta tamén alintelada, sobre a que se dispón un frontón moldurado, media caña e molduras planas, sobre unha ménsula con decoración vexetal de follas que doblan e vólvense sobre si mesmas, facendo así mesmo unha voluta. Dentro do tímpano aséntase un escudo con catro cuarteis e un central coas armas dos Bazán, cinguido dunha decoración barroca, dúas figuras femininas, dous leóns tenantes coroado cun xelmo apenachado. Nos cuarteis tamén podemos ollar as armas dos Figueroa, os Feixoo e os Soutomaior.
Na fachada hai outro escudo máis sinxelo, que repite as mesmas armas. Destancánse nas esquinas, en cada unha das cais, dispoñe dunha columniña baixo o aleiro. Tamén destaca unha xanela decorada e con medias cañas. Percorre toda a casa un aleiro moldurado.
De entre os persoeiros ilustres que pertenceron a esta casa, podemos destacar ó monxe Sebastián Jerónimo, obispo de Bos Aires e arcebispo de Santiago de Compostela, que foi o seu propietario no século XVIII. O pazo foi propiedade tamén da familia Fajardo, a mediados do século XIX, destacando ó tenente de artillería, Don Bernardino Rodríguez Fajardo. Esta familia morou no edificio ata o ano 1918, sendo o seu derradeiro habitante, Julio Ricoy y Rodríguez Fajardo. O pazo foi adquirido despois por un coñecido avogado do concello de Cambados, chamado Juan Salgado, sendo os seus herdeiros actualmente os propietarios do edificio.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CAMBADOS/documents/6001NO1005.PDF
https://www.cambados.com/pazo-de-fajardo/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5139861662
Lonxitude: -8.81489172581
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84