
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Salnés (comarca) / Vilagarcía de Arousa
Parroquia: Bamio (San Xens)
Lugar: O Salgueiral
Outra denominación do ben: Torre de Miradelos
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
No lugar que marcan os mapas de planeamento do PXOM de Vilagarcía do ano 2000 coa identificación 19 PHA, no lugar do Salgueiral, cerca do porto de Carril, estaría noutro tempo a Torre de Meadelo. Podemos ver no terreo unhas fiadas de perpiaño moi enterradas e que posiblemente formarían parte dos alicerces dos seus muros. Esta torre formaría parte das fortificacións das que hoxe se ten constancia que estarían por esta zona da costa para defendela de invasores, entre os que estarían sobre todo os normandos; serían a torre da Lanzada, en Sanxenxo, a torre de San Sadurniño, en Cambados, a torre de Calogo, en Vilanova de Arousa, a fortaleza de Lobeira, en Vilagarcía, a torre de Cortegada e as Torres de Oeste, en Catoira. Este lugar foi estudado, debido as obras que se tiñan que realizar nesta zona para a construción da variante da estrada no traballo “Sondaxes arqueolóxicas no contorno das torres do Meadelo. Variante de Vilagarcía de Arousa”, dirección de José Luís López Naveiro.
A imaxe secundaria da ficha e do blog A Pedra do Encanto:
http://apedradoencanto.blogspot.com.es/2010/06/torre-do-meadelo-miadelo-ou-miradelo.html
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Plano Pxom de Vilagarcía co lugar do Ben 19 PHA. esquina superior esquerda.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILAGARCIADEAROUSA/documents/1009PB004.JPG
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILAGARCIADEAROUSA/documents/1009NO001.PDF
pax 63 de 69
Zona marcada como 19PHA
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILAGARCIADEAROUSA/documents/1009SU016.JPG
Pensado J.L. Estudo e edición de Viaje a Galicia 1745 do Padre Sarmiento. Universidade de Salamanca 1975.
Na pax.128 onde describe esta parte da costa nomeada como “Montes de la Torre de Meadelo”
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.619542229Lonxitude: -8.76724541188
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
elixiovieites says:
Xan 9, 2017
Acceso ao PXOM Vilagarcía e plano de situación
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILAGARCIADEAROUSA/documents/1009PB004.JPG
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILAGARCIADEAROUSA/documents/1009NO001.PDF
pax 63 de 69
Nuria Alonso Garcés says:
Xan 6, 2019
Estimado Elixio:
Segundo o plano do Pxom as torres de Meadelo están fora do PHA19, marcado como zona protexida por se alí se atoparan.
Pese a ter feito varias catas nese lugar non apareceu nada singular no solar sinalado do que son unha das propietarias. Nembargantes na zona baixa, lindando coa estrada apareceron uns muros que seguramente son unha cabaña gandeira pero que a Xunta por cautela protexeu ( 1000m2) ata novos estudos. Agora vemos que marcachedes as torres de Meadelo fora desa área. Podemos dar crédito e certificar ante a Xunta que sen dúbida as torres de Meadelo están no punto sinalado nesta páxina?
Grazas.
elixiovieites says:
Xan 7, 2019
Ola Nuria. Eu marco a referencia puntual onde parece que sinala o PXOM . Alí hai unha serie de muradelos esborrallados. Como pon o símbolo en vermello 19 PH só unha referencia. É moi dificil saber onde estaría a torre. Esta ficha e só para testificar o dato do catálogo do PXOM.
Héitor Picallo says:
Dec 22, 2022
Por se vos interesa esta información
https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/pintoresca-torre-vilagarc-meadelo-EYCG58530