Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Salnés (comarca) / Vilagarcía de Arousa
Parroquia: Bamio (San Xens)
Lugar: O Salgueiral
Outra denominación do ben: Torre de Miradelos
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

No lugar que marcan os mapas de planeamento do PXOM de Vilagarcía do ano 2000 coa identificación 19 PHA, no lugar do Salgueiral, cerca do porto de Carril, estaría noutro tempo a Torre de Meadelo. Podemos ver no terreo unhas fiadas de perpiaño moi enterradas e que posiblemente formarían parte dos alicerces dos seus muros. Esta torre formaría parte das fortificacións das que hoxe se ten constancia que estarían por esta zona da costa para defendela de invasores, entre os que estarían sobre todo os normandos; serían a torre da Lanzada, en Sanxenxo, a torre de San Sadurniño, en Cambados, a torre de Calogo, en Vilanova de Arousa, a fortaleza de Lobeira, en Vilagarcía, a torre de Cortegada e as Torres de Oeste, en Catoira. Este lugar foi estudado, debido as obras que se tiñan que realizar nesta zona para a construción da variante da estrada no traballo “Sondaxes arqueolóxicas no contorno das torres do Meadelo. Variante de Vilagarcía de Arousa”, dirección de José Luís López Naveiro.
A imaxe secundaria da ficha e do blog A Pedra do Encanto:
http://apedradoencanto.blogspot.com.es/2010/06/torre-do-meadelo-miadelo-ou-miradelo.html


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Plano Pxom de Vilagarcía co lugar do Ben 19 PHA. esquina superior esquerda.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILAGARCIADEAROUSA/documents/1009PB004.JPG
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILAGARCIADEAROUSA/documents/1009NO001.PDF
pax 63 de 69
Zona marcada como 19PHA
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILAGARCIADEAROUSA/documents/1009SU016.JPG
Pensado J.L. Estudo e edición de Viaje a Galicia 1745 do Padre Sarmiento. Universidade de Salamanca 1975.
Na pax.128 onde describe esta parte da costa nomeada como “Montes de la Torre de Meadelo”


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.619542229
Lonxitude: -8.76724541188
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84