Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Bergantiños (comarca) / Carballo
Parroquia: Entrecruces (San Xens)
Lugar: Férveda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta rectangular con presbiterio de maior altura que o resto do edificio. Tellado a dúas augas ao longo da nave e a catro no presbiterio. Está feita con muros de cachotería e cantería de sillares graníticos. Amosa na fachada unha porta rematada en arco con grandes doelas e un van cadrado do centro. Da parte superior da porta ao hastial vai revocada e pintada de branco, ao igual que os muros. O presbiterio amosa a cantería de sillares. Espadana de dous corpos con ocos rematados en arco de medio punto para albergar as campás, e rematado en gablete con oco e adornada con pináculos. É unha das capelas máis antigas do concello de Carballo e no seu interior pódese ver unha unha bóveda de cruzaría formando unha estrela dividida en oito partes e un retablo renacentista.
A capela está cerca da férveda de Entrecruces, producida polo desnivel de 40 metros da canle do río Outón.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca011.PDF
pax. 9 do pdf
Na páxina do Concello de Carballo
http://www.turismocarballo.com/info.php?idioma=gl&id=46&sec=19


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1230619969
Lonxitude: -8.68278264999
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84