Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pazos de Borbén / Vigo (comarca)
Parroquia: Pazos (Santa María)
Lugar:
Outra denominación do ben: Cruceiro novo da Igrexa
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base moldurada dá paso a un varal que comeza en sección cadrada e segue en cilíndrica. Na súa metade aparece a imaxe de Santa María co Neno sobre unha peaña.
O capitel, decorado con volutas e rostros de anxos nas súas catro caras, soporta unha cruz de sección cadrada. Nela podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe no reverso.

Ao pé do cruceiro existe unha mesa a xeito de altar.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
PXOM Pazos de Borbén. Aprobación inicial Xuño 2009 (Ficha PA 10)
https://cruceirosdegalicia.xyz/3603703.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2008). CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2901376482
Lonxitude: -8.53218868375
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84