Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cambados
Parroquia: Cambados (Santa Mariña)
Lugar: Rúa do Hospital, Cambados.
Outra denominación do ben: Nosa Señora da Purificación.
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Trátase dun templo barroco que consta dunha soa nave con cuberta abovedada e planta de cruz latina. Resáltanse as partes estructuralmente máis importantes como: zócalo, esquinais, cornixa, fachada e enmarques das xanelas, por estaren traballadas en perpiaño, mentres que os restos dos lenzos son de cachotería. Ábrense dúas portas, unha pequena ó sur e outra ó leste que é a principal.
O conxunto decorativo concéntrase todo na fachada principal, estando a porta no seu eixo vertical central, enmarcada por unha moldura xeométrica propia do século XVIII, e flanqueada por dúas pilastras, unha a cada lado da fachada, na que rematan nunha cornixa que vai de lado a lado. Debaixo desta cornixa e enriba do ingreso, ábrese unha gran xanela cuadrangular enmarcada. Por riba da cornixa, ó pé da base do campanario, unha fornela cunha Virxe Coroada de filiación renacentista, que semella ser a Virxe da Purificación, segundo algún historiador local.
Destaca a torre-campanario en comparación co tamaño da capela, organizándose en dous corpos; o inferior, cuadrangular, formada con arcos de medio punto sobre piares con pilastras apegadas que soportan as campás; o segundo corpo está formado por un tambor de planta octogonal con catro arcos de medio punto e coróase cunha lanterna con nervos remarcados, rematado por un pináculo moi moldurado e cunha cruz de forxa.
Adicouse históricamente a Nosa Señora da Candelaria. Destaca no interior o seu retablo maior, datado de a mediados do século XVIII, así como doutros elementos que nos falan de reconstruccións en diferentes momentos. Consérvanse varios elementos no interior que nos fan pensar nunha posible construción no século XV, pero que sería refeita na súa totalidade no ano 1674 polo avogado do Tribunal do Santo Oficio, don Alonso Troncoso de Soutomaior e Gondar, polos señores Bazán e pola esmola popular. Debeu ser reformada posteriormente, ó menos unha parte, a mediados do século XVIII, tendo como referencia o enterramento de dona Josefa Ozores de Sotomayor, nai do conde de Amarante en 1742, financiando obras na capela.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CAMBADOS/documents/6001NO1005.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5128761337Lonxitude: -8.81503120067
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84