Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Betanzos (comarca) / Oza dos Ríos
Parroquia: Rodeiro (Santa María)
Lugar: O Seixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

O túmulo mide uns 32 metros de diámetro e ten unha altura de 1,5 metros, cun cono de violación duns 6 metros de diámetro e unha profundidade de 1 metro.
Está situado na agra de mámoas de Montes do Gato. Un camiño prehistórico que comunica o interior ca costa de brigantium.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15063044
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OZADOSRIOS/documents/0299CA010.PDF (Pax 7)

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OZADOSRIOS/documents/0299CA014.PDF (Pax 8)

Plano coa localización das mámoas;

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OZADOSRIOS/documents/0299PB005.JPG

http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

En 2016 o monte foi talado e rozado con maquinaria pesada. A mámoa non foi rozada aínda que si pasaron por riba dela tractores. Denunciados os feitos na Xunta e no concello de Oza-Cesuras, paráronse os traballos.
Meses despois, rozouse con maquinaria forestal a mámoa. Os traballos volveron ser denunciados.

En outubro de 2017 a mámoa volveu ser desbrozada con maquinaria pesada, unha desbrozadora de cadeas. Os feitos volveron ser denunciados ante patrimonio da xunta, a fiscalía e o concello de oza-cesuras.
Estase pendente de que o monte sexa arado e repoboado con eucaliptos.

A mámoa arrasada por eucaliptos nun camiño prehistórico que levaba desde Lugo a Brigantium chega ao Parlamento
http://historiadegalicia.gal/2018/02/mamoa-arrasada-eucaliptos-nun-camino-prehistorico-levaba-desde-lugo-brigantium-chega-ao-parlamento/


Onde está localizado

Latitude: 43.1810684143
Lonxitude: -8.09870514304
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84