Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Gondomar / Vigo (comarca)
Parroquia: Couso (San Cristovo)
Lugar: A Bastida
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo aberto apoiado no muro de peche dunha finca privada.

O conxunto posúe unha fornela con cuberta a dúas augas e cruz de sección romboidal no cume. No seu interior vemos un retablo con restos de policromía no que aparecen tres almiñas. Na parte baixa, a tapa metálica do peto. A fornela aparece protexida por un enreixado metálico.

Na parte baixa do conxunto aparece a seguinte inscrición:
“AÑO 1822
POR LAS BENDITAS ANIMAS A.E.P.”


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E.: “Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra”. Ed. IR INDO, 1998


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0823158127
Lonxitude: -8.74069422483
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84