Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Cruceiro, Camposanto,
Concello: Muros
Parroquia: Torea (San Xián)
Lugar: Torea
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa de San Xián amosa planta de cruz latina formada por muros de cantería de granito. A nave presenta un coro aos pés e unha entrada lateral preto do cruceiro; aquí atopamos senllos arcos de medio punto apoiados en ménsulas que dan paso ás capelas laterais. Do mesmo xeito, outro arco abre o presbiterio, de menor ancho que a nave principal; este está cuberto con bóveda de canón (o resto da nave cóbrese a dúas augas). O exterior carece de ornamentación. Na fachada principal destaca a incorporación dunha desproporcionada espadana.
No adro da igrexa atopamos un cruceiro de fuste oitavado sobre tres escaliñas, o capitel decorado cunha estrela ao igual que outros cruceiros do concello; a cruz, latina sen imaxes. O conxunto atópase rodeado polo cemiterio.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, José Ramón e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Xosé: «Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son».

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA011.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8358607242
Lonxitude: -9.03605639935
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84